As caras dos libros. Unha viaxe polo deseño de cubertas – A Movida

xaneiro, 2019

27xan(xan 27)10:0018feb(feb 18)20:00As caras dos libros. Unha viaxe polo deseño de cubertasEXPOSICIÓN | De balde(xaneiro 27) 10:00 - (febreiro 18) 20:00 Edificio Administrativo da Xunta

Máis

Detalles do evento

A sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo acollerá dúas mostras conxuntas sobre a edición e ilustración de cubertas en obras de Carlos Casares e tamén da colección Árbore, que este ano cumpre o seu 30 aniversario.

Na parte dedicada á obra de Carlos Casares recóllense pouco máis dun centenar de portadas dos libros de do escritor ourensán nos diferentes xéneros e edicións, sexa como autor, tradutor, editor ou colaborador, dispostas en 8 displays, así como un extra que informa sobre a composición e estrutura física do libro como obxecto cultural. Faise especial relevancia na relación entre a obra literaria e o deseño gráfico, con información sobre deseñadores e maquetadores, así como das ilustracións, debuxos ou fotografías que forman parte da concepción do volume.

A segunda parte da mostra recolle a historia da colección de literatura infantil e xuvenil “Árbore”, así como dos antecedentes históricos da Literatura Infantil e Xuvenil e da lingua galega no ensino en Galicia. A colección “Árbore” estivo a cargo de 3 profesionais como foron María Victoria Moreno, Antonio García Teijeiro e David Otero. Este grupo, baixo a dirección de Casares e o deseño de Manuel Janeiro, levaron a bo termo unha colección que, durante a súa primeira etapa (1988-1998) tirou do prelo máis de 100 obras distintas. A mostra recolle, información sobre a colección, os libros publicados, o traballo de deseño, tradución, ilustración…

Hora

Xaneiro 27 (Domingo) 10:00 - Febreiro 18 (Luns) 20:00

Lugar

Edificio Administrativo da Xunta

Rúa Concepción Arenal 9, Vigo, Pontevedra

X