XERAIS

10abr(abr 10)20:00'ÁS AFORAS DUNHA CIDADE ESTRANXEIRA'arte e museos | de balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

A mostra presenta unha mirada diferente sobre a cidade: non a dos espazos máis coñecidos e repetidos nas guías turísticas, senón a das escenas inesperadas, das imaxes sinxelas e cotiás que aparecen cando cambiamos a
maneira de mirar. Fotografías que sorprenden e que convidan a descubrir que outra realidade é posible no medio urbano que habitamos.

Ás aforas dunha cidade estranxeira reúne unha serie de instantáneas que recollen escenas aleatorias da paisaxe urbana, principalmente da cidade da Coruña. A través delas, Meseguer retrata arquitecturas imprevistas que xorden
por accidentes, deterioros ou polo xogo da luz e os reflexos, revelando a beleza que aparece de maneira casual no entorno que nos rodea. Trátase de imaxes que se achegan a unha arquitectura ás veces pouco valorada, a que habita nos barrios e nas marxes das cidades e que, con todo, podería atoparse en practicamente calquera lugar do mundo. Para a autora, estas escenas agochan unha beleza por descubrir.

O texto que acompaña a exposición, escrito por Javier Trigales, destaca esa capacidade das fotografías para suxerir emocións máis alá do evidente: “A exposición posúe un ritmo secreto, coma se oísemos un tam-tam de fondo
que nos guía por este catálogo de formas xeométricas e espazos equívocos. As imaxes son concretas e abstractas ao mesmo tempo: recoñecemos as formas dunha porta, un muro ou unha xanela, pero a combinación co resto de
elementos e coa luz, as cores ou o encadre, lanzan significados ao aire que non se poden descifrar de forma racional. E aí é onde entra a emoción”.

Hora

10 abril, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events