>

10xuñ20:30Artificio BarrocoCONCERTOS | 16,00 €20:30(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

O ensemble vigués Artificio Barroco presenta Ground, un concerto dedicado á música instrumental inglesa dos séculos XVII e XVIII. O programa xira arredor do ground, unha das formas máis características do barroco inglés, baseada na repetición dunha liña de baixo sobre a que se desenvolven sucesivas variacións.

A actuación permitirá descubrir obras de compositores como Henry Purcell, Daniel Purcell, John Blow, John Dowland ou Gottfried Finger, nunha proposta que combina a interpretación historicamente informada coa proximidade dun concerto en directo. A formación está integrada por Alejandro Parra (violín barroco), Álvaro González (viola da gamba), Alejandro Rodríguez (tiorba e guitarra barroca) e Sofía Villanueva (clave), utilizando instrumentos propios da época para recrear o son do barroco europeo.

Hora

10 xuño, 2026 20:30(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events