febreiro, 2019

04feb01marARTE DEL LÁPIZEXPOSICIÓN | De balde(febreiro 4) 20:00 - (marzo 1) 22:00 Detrás do MARCO

Máis

Detalles do evento

O deseñador catalán Alfredo Palau mostra a súa orixinal colección de pezas protagonizadas polo lapis Staedtler en Detrás do Marco. A inauguración celebrarase o luns 4 de febreiro (20:00 horas) e a mostra permanecerá no local ata o día 1 de marzo.

As cores vermello, negro, amarelo e branco e a inconfundible forma hexagonal do lapis Staedtler do número 2 son o leit motiv co que o deseñador catalán Alfredo Palau foi construíndo unha colección de pezas únicas (camisetas, colgantes, esculturas, pinturas…), que poderedes contemplar en Detrás do Marco por terceira vez, xa que Palau é un habitual neste espazo.

Palau (1947, Barcelona) desenvolveu unha exitosa carreira como cartelista e deseñador gráfico, cun traballo moi vinculado á Cataluña produtiva e industrial. E ese carácter forxado durante décadas en estudos para os que traballou reflíctese agora na súa proposta artística, que pode identificarse cunha particular forma de entender a arte pop. Xordo de nacemento, as letras e debuxos trazados con este modesto utensilio abríronlle as portas ao mundo, non só para comunicarse, senón tamén para facer aflorar o seu talento como artista.

Hora

Febreiro 4 (Luns) 20:00 - Marzo 1 (Venres) 22:00

Lugar

Detrás do MARCO

Rúa Londres, 36202 Vigo, Pontevedra

X