Este é un evento repetitivo3 setembro, 2026 17:00
Detalles do eventos
As xornadas artísticas “Todo lo que somos: Arte, barrio y empoderamiento” chegarán ao Centro Sociocomunitario de Coia os días mércores 2 e xoves 3 de setembro cunha proposta
Detalles do eventos
As xornadas artísticas “Todo lo que somos: Arte, barrio y empoderamiento” chegarán ao Centro Sociocomunitario de Coia os días mércores 2 e xoves 3 de setembro cunha proposta pensada para achegar a creación artística, a reflexión e a participación comunitaria ás mulleres do barrio e da súa contorna. A iniciativa está dirixida exclusivamente a mulleres, con especial interese en favorecer a participación de veciñas de Coia e zonas próximas, así como de mulleres con discapacidade, xa que todas as actividades estarán adaptadas ás posibles necesidades das participantes.
Ao longo das dúas xornadas abordaranse cuestións relacionadas coas artes plásticas, o papel das mulleres na arte, a sustentabilidade e o ecoloxismo, combinando a parte creativa con espazos de encontro e conversa. O obxectivo é utilizar a cultura como ferramenta de empoderamento e participación comunitaria, especialmente entre mulleres que viven en barrios da periferia.
O programa comezará o mércores 2 de setembro, de 17:00 a 20:30 horas, cun obradoiro de pintado de bolsas de tea, no que as participantes poderán desenvolver a súa creatividade a través dunha actividade práctica. Ao día seguinte, xoves 3, no mesmo horario, desenvolverase unha obra colectiva, buscando construír unha creación común a partir das achegas de todas as asistentes.
Ademais da parte artística, as xornadas incluirán charlas arredor da arte e a sustentabilidade, así como un picoteo, convertendo o encontro nun espazo non só de aprendizaxe, senón tamén de convivencia, intercambio de experiencias e creación de redes entre as participantes.
A participación é gratuíta, pero require inscrición previa, que pode realizarse a través do número 604 002 748.
Hora
2 setembro, 2026 17:00 - 20:30(GMT+02:00)
Localización
Centro Sociocomunitario de Coia
Rúa de Cangas, 1, B, 36209 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




