bannerVialia

marzo, 2021

28mar12:30ArrerrúPEQUERRECHOS | 5,00€12:30 Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Arrerrú é unha palabra que vive na boca, non quere dicir nada pero o A abre o asombro, o RRE a repetición, e o RRU a delicadeza. Comezamos axiña na vida a vocalizar e nos golpes de voz xa vai o arremedo de todos os estado de ánimo. Cando falamos de narración oral para bebés queremos dicir que a narración oral é importante desde os primeiros momentos da vida, introducimos cos bebés da man na selva das palabras e do sentido das palabras: nós sabemos dos carreiros, das hortas e dos agochos; eles veñen vindo de vagariño pero sen pausa. As palabras acompáñanse da musicalidade da voz, dos ollos, dos xestos, do tacto… os bebés tempéranse mellor con estes apoios, nós ao pé da voz poñemos a voz dun acordeón diatónico, a voz multiplicada e asombrosa. Somos bebés, somos persoas adultas, somos persoas da man doutras persoas. A linguaxe en singular non existe: primeiro apréndese en familia. A narración oral é a flor da vida en compañía para afrontar a onda.

RILO & PENADIQUE

Domingo 28 ás 12:30 e ás 18:00

Máis

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X