Arrerrú
28mar18:00ArrerrúPEQUERRECHOS | 5,00€18:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
Arrerrú é unha palabra que vive na boca, non quere dicir nada pero o A abre o asombro, o RRE a repetición, e o RRU a delicadeza. Comezamos
Detalles do eventos
Arrerrú é unha palabra que vive na boca, non quere dicir nada pero o A abre o asombro, o RRE a repetición, e o RRU a delicadeza. Comezamos axiña na vida a vocalizar e nos golpes de voz xa vai o arremedo de todos os estado de ánimo. Cando falamos de narración oral para bebés queremos dicir que a narración oral é importante desde os primeiros momentos da vida, introducimos cos bebés da man na selva das palabras e do sentido das palabras: nós sabemos dos carreiros, das hortas e dos agochos; eles veñen vindo de vagariño pero sen pausa. As palabras acompáñanse da musicalidade da voz, dos ollos, dos xestos, do tacto… os bebés tempéranse mellor con estes apoios, nós ao pé da voz poñemos a voz dun acordeón diatónico, a voz multiplicada e asombrosa. Somos bebés, somos persoas adultas, somos persoas da man doutras persoas. A linguaxe en singular non existe: primeiro apréndese en familia. A narración oral é a flor da vida en compañía para afrontar a onda.
RILO & PENADIQUE
Domingo 28 ás 12:30 e ás 18:00
Máis
Hora
28 marzo, 2021 18:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes