UVIGO
FILLOAS

A lingua galega no cinema: 'Pelerinaxes'

09abr19:00A lingua galega no cinema: 'Pelerinaxes'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Edificio Cambón

Detalles do eventos

Durante os dous próximos meses, e cunha cita semanal, o ciclo A lingua galega no cinema porá en valor a presenza do galego no sector audiovisual. A través de seis sesións búscase “reivindicar o uso do galego que, aínda que está tendo unha importancia crecente no eido do cine, non somos de todo conscientes da súa potencialidade”.

O director e produtor Simone Saibene, organizador do cilco, salientaba “o momento histórico” que está a vivir o cinema galego, con “resultados incribles, sobre todo, nos últimos dous ou tres anos”. Entre outros fitos, referiuse ao récord de películas galegas na carteleira do cinema comercial en 2022, á estrea de tres películas galegas (Samsara, Matria Sica) na Berlinale de 2023 ou á Cuncha de Ouro do festival de San Sebastián para O Corno, que ademais tivo máis de 50.000 espectadores en salas de cine. “Por todo isto”, recalcaba, “este é un momento incrible para o audiovisual galego, e non só no referido ao cinema de ficción, senón tamén para o documental, a animación, as series, os videoclips, etc.”

O ciclo arrancou o martes 2 de abril cun primeiro bloque sobre a lingua da literatura. Nesta primeira xornada proxectarase Os espazos en branco, de Bruno Arias, unha peza na que o director trata de recuperar a memoria da súa tía, a poetisa Xela Arias, que faleceu cando el tiña 5 anos e á que apenas lembra. Tras a proxección abrirase un debate co propio director. 

A segunda sesión do ciclo, o 9 de abril, seguirá centrándose na literatura, desta volta con Pelerinaxes, cinta dirixida polo propio Simone Saibene, na que a protagonista, Luzía (Carmen Méndez), percorre as oito etapas da pelerinaxe que fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey a pé dende Ourense cara a Santo André de Teixido en 1927. Nesta sesión estará intervirá o director, Simone Saibene.

A terceira xornada, o 23 de abril, terá a historia como protagonista, e nela proxectarase A illa das mentiras, de Paula Cons, que narra o rescate dos pasaxeiros do buque Santa Isabel que se afundiu en 1921 na illa de Sálvora. Victoria Teijeiro, actriz, será a convidada. 

A animación será o eixo doutras dúas sesións, o 30 de abril e o 2 de maio. Na primeira delas proxectarase O soño da Sultana, de Isabel Herguera, coa presenza da súa produtora, Chelo Loureiro, mentres que na segunda terá lugar unha mesa redonda sobre o cinema de animación en galego contemporáneo coa participación de Chelo Loureiro (produtora), Alberto Vázquez (director), Severiano Casalderrey (programador de Imaxinaria), David Fidalgo (director) e Pamela Poltronieri (directora de animación). Modera: Simone Saibene (director e crítico de cinema).

A derradeira xornada do ciclo A lingua galega no cinema terá lugar o 9 de maio, cunha sesión dedicada ás curtametraxes, na que se proxectarán Xoves de comadres, de Noemí Chantada; Mentres iso pasa, de Nacho Ozores; Sandwich Cat, de David Fidalgo; A rabia, de Alberto Díaz e Nena, de Xosé A. Touriñán. No debate posterior participarán as directoras e directores xunto con Simone Saibene e Severiano Casalderrey.

Máis

Hora

9 abril, 2024 19:00(GMT+01:00)

Localización

Edificio Cambón

Rúa Palma, 4, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events