CONGRESO MAR >

29xulTodo o día01ago'Cancións dos nosos Barrios'AS NOSAS FESTAS(Todo o día)(GMT+02:00) Finca de San Roque

Detalles do eventos

A Finca de San Roque volve acoller a XVII edición do certame musical Cancións dos Nosos Barrios coa participación de vinte grupos, entre o 29 de xullo e o 1 de agosto. Esta homenaxe aos barrios vigueses busca dar voz ás agrupacións locais que manteñen viva a nosa cultura e o noso folclore.

Este evento é gratuito e para todo o mundo, nun exercicio de memoria histórica que loita por manter a música folclórica viva. Adicado á colectividade, as bandas achegan a súa música de forma solidaria nunha mostra de compromiso coa cultura.

As actuacións serán cinco cada día e comezarán todas ás 18:30 h. Os primeiros en actuar hoxe son Garatuxa, Loureiro Verde, Montecelo, Tarxa e Arco da Vella. Mañá, Coto do Carballal, Mistura, Airiños do Mar de Teis, Bohemios e Amigos.

O emblemático espazo de San Roque, que alberga tantas das lembranzas que se enaltecen — como son os Cantos de Tabernas—  , comeza hoxe a reivindicar a necesidade de coidar e manter as nosas raíces. Unha celebración para non esquecer, festexando para conmemorar unha identidade colectiva.

Hora

29 xullo, 2025 - 1 agosto, 2025 (Todo o día)(GMT+02:00)

Localización

Finca de San Roque

Rúa Filipinas, s/n, Sárdoma, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events