
Semana da Produción e Xestión
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo organiza, entre o 25 e o 27 de febreiro, a Semana da Produción e Xestión. Esta iniciativa, trátase dun espacio de
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo organiza, entre o 25 e o 27 de febreiro, a Semana da Produción e Xestión. Esta iniciativa, trátase dun espacio de encontro e aprendizaxe que ofrece unha programación variada con ponencias, conferencias, talleres, mesas redondas e concertos, en formatos tanto presenciais como telemáticos. Un dos aspectos máis destacados deste evento é o seu carácter formativo e práctico, xa que é o propio alumnado quen asume a produción e promoción das actividades, proporcionando así unha experiencia real e aplicable ao ámbito profesional da xestión e produción musical.
Cada ano, a Semana da Produción e Xestión evoluciona para ofrecer formatos innovadores e contidos de calidade que contribúan ao crecemento e formación do alumnado, preparándoos para os retos do sector musical e artístico. En edicións anteriores tiveros a honra de contar coa participación de profesionais como: a Confederación de Juventudes Musicales de España; Iago Pico, produtor de Tanxugueiras; Nico Casal, produtor e pianista Premio Óscar; Salomé Limón, produtora nominada aos Premios Grammy; Cristina Pato, intérprete musical, escritora, educadora e xestora cultural; Antonio Moral, exdirector do Festival de Granada; Daniel Broncano, director do festival Música en Segura; ou Paco Moya, produtor en IBS Classical.
Nesta quinta edición, contará ca presencia de figuras de recoñecido prestixio na industria musical como: a cooperativa CUNDE; a Confederación de Juventudes Musicales de España; xerentes de distintas agrupacións como a Orquesta Sinfónica de Galicia ou a Real Filharmonía de Galicia; a cooperativa CUNDE e AGEM; o Dúo Metis, gañador do Concurso de Juventudes Musicales de España; Adrian Timms, cantante e multiinstrumentista; compoñentes de institucións como a ESAD de Galicia, SGAE ou AIE; ou Sheila Patricia, artista e voz destacada do folk contemporáneo; quenes compartirán seus coñecementos e experiencias cos asistentes.
PROGRAMACIÓN
Martes, 25 de febreiro:
● 12:30h – A Produción nas Industrias Culturais con Cecilia Carballido, Tati García e Patricia Hermida (Aula de Orquestra do CSMVigo).
● 17:00h – Relatorio con Javier Abreu (Aula Polivalente do CSMVigo).
● 20:00h – Concerto do Dúo Metis (Auditorio Martín Códax).
Mércores, 26 de febreiro:
● 12:00h – A xestión das Orquestras con Andrés Lacasa, María Alonso e Sabela García (Auditorio Martín Códax).
● 16:00h – Obradoiro na ESADg con Belén Díaz e Noelia Blanco (Escuela Superior de Arte Dramático de Galicia).
Xoves, 27 de febreiro:
● 16:00h – A xestión da propiedade intelectual dende a SGAE e a AIE con Miguel Diéguez e Xacobe Martínez (Aula Polivalente do CSMVigo).
● 18:00h – “Música e emprendemento” con Sheila Patricia (Aula Polivalente do CSMVigo).
● 20:00h – Concerto de Adrian Timms (Auditorio Martín Códax).
Máis
Hora
25 febreiro, 2025 12:30 - 27 febreiro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Conservatorio Superior (O Castro)
Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual