Detalles do eventos
A segunda edición da Mostra de Teatro Amador desenvolverase durante as fins de semana entre o 2 de maio e o 13 de setembro de 2026. Manterase o
Detalles do eventos
A segunda edición da Mostra de Teatro Amador desenvolverase durante as fins de semana entre o 2 de maio e o 13 de setembro de 2026. Manterase o sistema de entrada libre con achegas voluntarias ao remate das funcións por parte do público asistente.
Nesta nova edición increméntase a participación con respecto ao ano anterior, sumando tres novas entidades ata acadar 18 colectivos e arredor de 200 persoas implicadas. A organización anima á cidadanía a asistir ás representacións co obxectivo de superar os 2.000 espectadores rexistrados na edición previa.
Entre as asociacións participantes atópanse colectivos culturais e grupos teatrais de diferentes barrios e ámbitos, que configuran unha programación diversa e representativa da escena afeccionada da cidade.
O día 2 de maio, ás 20.00 actuará o grupo Bule Bule, inaugurando a obra coa obra: ‘Eloísa está debajo de un almendro’, de Jardiel Poncela.
Sinopse: Comedia de misterio desatinada. Desenvólvese na década dos anos 30. Dúas familias nobres sacudidas por un enigma que desata toda lóxica.Cada escena é unha invitación á sorpresa. Nada é o que parece e o público oscilará entre a intriga e a gargallada. Unha montaxe teatral que promete desentrañar un misterio tan retorcidocomo divertido. A desaparición de Eloísa actúa como detonante dunha explosión cómica que terxiversa calquera expectativa dramática tradicional. Onde está Eloísa? A resposta converterase nun percorrido hilarante e desconcertante que manterá ao público en constante estado de sorpresa e diversión.
Programa
- 02 de maio. 20.00 horas. Compañía Bule Bule: “Eloisa está debajo de un almendro”.
- 03 de maio. 19.00 horas. Compañía Camaux,: “Los querubines de la ría de Vigo” .
- 09 de maio. 20.00 horas. La Casa del Teatro:“A voda do esganarello”.
- 10 de maio. 19.00 horas. Desfeita Teatro: “Ai, avoa!!”.
- 16 de maio. 20.00 horas: Arco Iris Teatro: “La tienda de los horrores”.
- 23 de maio: 20.00 horas. Teatreando sin parar, con “El olvido”.
- 24 de maio. 19.00 horas. Teatro Escoitade, con “A cova das mil mulleres”.
- 31 de maio. 19.00 horas. Konflito, con “De velenos, amoría e outras ledicias do medievo”.
- 06 de xuño. 20.00 horas. Helios Teatro: “E a vostede que lle sucede”.
- 07 de xuño. 19.00 horas. Lameiro, Cia Teatro: “O lago das nenas malas”.
- 13 de xuño. 20.00 horas . Noitebras teatro, con “Retablo do esperpento” .
- 14 de xuño. 19.00 horas. Rueiro: “Profesión precaria”.
- 20 de xuño. 20.00 horas. Porta Aberta: “Que farían sen min”.
- 21 de xuño. 19.00 horas. Troate Laboratorio: “A rata”.
- 27 de xuño. 20.00 horas. O Eido teatro: “Larvae”.
- 28 de xuño. 19.00 horas. Fauna 113: “Sopa de morcego, SOS, Metamorfosis”.
- 12 de setembro. 20.00 horas. Larolanxa: “Crónicas marcianas”.
- 13 de setembro. 19.00 horas. Allegro teatro: “Don Quijote nos infernos”.
Hora
2 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra


