Detalles do eventos
Xornada sobre ARQUITECTURA ESCOLARMARCO, sala Galería A3 (planta baixa)Xoves 4 de decembro ás 19.00Entrada LIBRE ata completar capacidade Un encontro para reflexionar
Detalles do eventos
Xornada sobre ARQUITECTURA ESCOLAR
MARCO, sala Galería A3 (planta baixa)
Xoves 4 de decembro ás 19.00
Entrada LIBRE ata completar capacidade
Un encontro para reflexionar e compartir experiencias e iniciativas relacionadas coa arquitectura e os espazos escolares, cun carácter divulgativo e coloquial.
Coa participación de: Manuel Martínez Carazo (presidente COAG Vigo), Abalo Alonso (Escola Infantil A Baiuca), Fermín Blanco (Asociación Ludantia), Muller Feijoo (Centro Galego de Innovación de Formación Profesional), Iglesias Veiga (Nova Arquitectura Pedagóxica), e Xosé Manuel Rosales (ProxectoTerra).
25 anos do ProxectoTERRA / Programación especial no MARCO
Nestas semanas continúa no MARCO, con gran éxito de participación, a programación especial que celebra o 25º Aniversario do ProxectoTERRA, que naceu no ano 2000 enmarcado nas iniciativas culturais do COAG Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, co obxectivo de promover na cidadanía un pensamento crítico e propositivo sobre os espazos e lugares que habitamos.
Espazo de Xogo Libre ARGALLAR (Asociación Ludantia)
MARCO, sala Galería B3 (1º andar)
Do 11 novembro ao 31 de decembro de 2025
Dende o martes 11 de novembro, unha das salas do MARCO acolle o Espazo de Xogo Libre ARGALLAR. Creado pola asociación Ludantia, ARGALLAR inclúe unha serie de módulos de construción concibidos como unidades de xogo.
A sala é accesible ao público (especialmente público infantil e familiar) polas tardes, no horario de apertura do Museo. As mañás dedícanse a grupos escolares de calquera idade e ciclo educativo, e cada visita compleméntase cun obradoiro dirixido por talleristas especializados no ámbito da educación pola arquitectura, en colaboración co personal de Didáctica do MARCO.
ESCOLARES: de martes a venres de 10.00 a 13.00
Cita previa comunicacion@marcovigo.com
PÚBLICO EN XERAL: entrada libre ata completar capacidade
De martes a sábados de 17.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 14.30
Avance OBRADOIROS NADAL ProxectoTERRA no MARCO
Cara ás semanas máis próximas a Nadal, e continuando coas actividades do ProxectoTerra, o MARCO acolle unha serie de talleres dirixidos a público infantil e familiar, conducidos por Cristina González Larriba, en colaboración co persoal de Didáctica do MARCO.
LABORATORIOS DE NADAL “ARGALLAR”
MARCO, Galería B3 e Espazo Anexo
Conducidos por Cristina González Larriba, en colaboración con Maria Xosé Martínez (Didáctica MARCO)
Datas: do 13 ao 31 de decembro de 2025
Horario: de 11.30 a 13.30
Talleres para público familiar
Para participantes a partir de 4 anos, acompañados de persoas adultas
4 sesións: sábado 13, sábado 20, venres 26 e sábado 27 de decembro
Talleres para público infantil
Para participantes entre 4 e 12 anos
4 sesións: martes 23 e 30; mércores 24 e 31 de decembro
Gratuíto. Prazas limitadas ata completar capacidade en cada sesión
Previa inscrición en taquilla MARCO
Tel. 986 113900 Ext. 200 / Correo-e: recepcion@marcovigo.com
Apertura inscrición a partir do venres 5 de decembro
Hora
4 decembro, 2025 19:00(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese



