CAMELIAS NADAL

08nov12:00Arquitectura de emerxenciaPEQUERRECHOS | De balde12:00(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Que pasaría se fose posible levar unha casa na que vivir debaixo do brazo? Dobrada e con pouco peso. Parece algo imposible, xa que unha casa está formada por unha suma de espazos bastante grandes. Pero encartando de forma adecuada aos “muros” unha casa para catro ou seis persoas pode ocupar o espazo dunha mochila grande. Como é posible?

Hai moitos deseños de casas pregables e estes poden modificarse segundo as necesidades: pódense pintar de cores, abrir xanelas, colocar mobles e moito máis para convertelo de verdade nun fogar.

Duración: 60 min.

Idade: de 6 a 12 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Hora

8 novembro, 2025 12:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events