OV430

16dec20:30Arnaud Desprez 4tetCONCERTOS | 16,00 €20:30(GMT+01:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Cuarteto do prestixioso saxofonista francés Arnaud Desprez, acompañado por Monano ao piano, Oscar Rodríguez ao contrabaixo e Noli Torres á batería. O programa está dedicado ao mellor do bebop, unha das linguaxes máis influentes e esixentes do jazz.

Nado como unha afirmación de liberdade creativa, o bebop destaca pola súa enerxía, a súa complexidade harmónica e o protagonismo da improvisación, convertendo cada interpretación nun exercicio de risco, intelixencia musical e diálogo constante entre as persoas músicas. Un concerto pensado para quen goza do jazz na súa forma máis intensa e viva.

Reserva de entradas contactando ao 645 996 690 ou no Vitruvia Club.

Hora

16 decembro, 2025 20:30(GMT+01:00)

Localización

Vitruvia Café

Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events