REVISTA FEBREIRO

21out21:00Arizona BabyCONCERTOS | Desde 16,00€21:00(GMT+02:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

Arizona Baby é un trío de rock formado por J. Arizona (guitarra, voz), Sr. Marrón (guitarra) e Dr. Basto (percusión, coros). A banda oriúnda de Valladolid abandera un rock psicodélico de influencias country e folk americanas, ao máis puro estilo de The Grateful Dead. Tres rapaces valisoletanos iniciados en ruidosas bandas underground uniron o seu destino a unhas guitarras acústicas e emprenderon a gloriosa tarefa de introducir no indie nacional os seus estoicas visións “americanas”.

Desde entón non pararon. Varios premios, recoñecementos da crítica e xiras maratonianas dentro e fóra de España. Levaron a súa música a países como Grecia, USA, Reino Unido, Hungría, Alemaña, México ou Albania.

Comezaron a súa andaina musical en 2003, aínda que non lanzan o seu primeiro disco, «Songs to sing along», ata dous anos máis tarde. Gravado en inglés, permítelles virar fóra da península.

O seu segundo disco «Second to None» (2009) será precedido por «The truth, the Whole Truth and Nothing but the Truth» (2013). É tamén nestes anos cando Arizona Baby comeza a colaborar conxuntamente cos Coroas, dando paso así á formación Corizonas, integrada por todos os membros de ambas as bandas.

O cuarto álbum de Arizona Baby é «Secret Files», de 2014, e con el tiveron a oportunidade de tocar nalgúns dos festivais máis importantes de España.

O seu último disco ata a data. «Sonora» (2018), respecta o seu son orixinal, con influencias de xéneros como o funk e o blues, sempre sen perder o seu toque americano.

ENTRADAS

Hora

21 outubro, 2023 21:00(GMT+02:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events