XERAIS

24mar18:15proxección de 'Argentina, 1985'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:15(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

O Museo MARCO de Vigo acollerá a proxección do filme Argentina 1985 en conmemoración dos 50 anos do inicio da ditadura cívico-militar en Arxentina. A sesión terá lugar o martes 24 de marzo ás 18:15 horas, con entrada libre e gratuíta.

A iniciativa está impulsada por Manuel Díaz Alvarado e Manuel Pérez Mano dous cidadáns arxentinos residentes en Galicia que, desde o ámbito do activismo, promoven a creación dun espazo de memoria, reflexión e compromiso. Segundo explican, o obxectivo é “reivindicar a memoria como ferramenta para comprender o presente e proxectar o futuro”. Os organizadores subliñan tamén o vínculo histórico entre Galicia e Arxentina.

A película Argentina, 1985 relata o caso real do labor do fiscal Julio César Strassera e o seu equipo no coñecido Xuízo ás Xuntas, no que se xulgou aos responsables dun réxime de terrorismo de Estado que deixou milleiros de persoas desaparecidas e torturadas durante a última ditadura que gobernou Arxentina entre 1976 e 1983.

Dous amigos migrados desde Arxentina a Galicia, e neste contexto como militantes, senten a necesidade de construír un espazo colectivo de memoria, reflexión e compromiso, entendendo que a memoria non é só un exercicio do pasado, senón unha ferramenta fundamental para defender o presente e proxectar o futuro.

Hora

24 marzo, 2026 18:15(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events