BANNER CANS
BANNER GALAXIA

17mai19:15Presentación libro 'AREATA DE MI VIDA'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:15(GMT+02:00) MUTA

Detalles do eventos

Uxía Rodríguez presenta o seu libro, Areata de mi vida, en MUTA.

SOBRE AREATA DE MI VIDA

“Imaxínate amencer un día sen unha cella, tocarte o pelo e velo desprenderse sen dor. Mirarte ao espello e non reconocerte. Probarte perrucas que che devolvan a autoestima. Vestir un pano oncolóxico sen haber pasado por quimioterapia. Imaxínate que te diagnostican da noite á mañá unha enfermidade para a que non existe cura e só podes aceptar a súa evolución.” Así introdúcese Areata de mi vida, unha obra que recolle toda a rabia, o medo, a ansiedade e tamén o aprendizaxe dunha experiencia profundamente transformadora. Máis que un libro, é unha forma de procesar o vivido, de facer fronte á dor, de volver a amar o reflexo que devolve o espello. Unha invitación a acompañar á autora nunha montaña rusa de emocións tan universais como únicas.

SOBRE UXÍA RODRÍGUEZ

Nada en Vigo o 14 de febrero de 1995, Uxía é unha apaixoada das emocións fortes, a comunicación e a saúde. O seu nome galego, tan singular como a súa voz poética, sempre a obrigou a explicar o “x” alá onde fóra. Estudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid, onde comenzou a súa andadura en medios de comunicación. Sen perder de vista a súa vocación, decidiu máis adiante formarse en Nutrición e Dietética, e actualmente dirixe o seu propio centro en Vigo, onde combina a súa paixón por informar co acompañamento a personas que queren mellorar o seu benestar. “Son un océano —di— e escribir poesía é a única forma que coñezo de deixarte entrar nas miñas profundidades.”

Máis

Hora

17 maio, 2025 19:15(GMT+02:00)

Localización

MUTA

MUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events