ORQUESTRA CLÁSICA

10mai20:00ARA MALIKIAN, INTRUSO WORLD TOURespectáculos | desde 60,50 €20:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Ara Malikian presenta a súa xira ‘Intruso’, unha viaxe moi persoal na que parte da angustia de non encaixar en ningún lugar para, por fin, abrazar a riqueza da súa identidade multicultural e atopar o seu fogar no mundo enteiro a través da arte e da música.

“No Líbano non me consideraban abondo “libanés” porque era de orixe armenia, os armenios non me consideraban abondo “armenio” porque nacera no Líbano, cando me establecín en Europa non me consideraban “europeo” porque non nacera en Europa.”

Esta experiencia reflectiuse tamén na miña relación coa música. Cada nota resoaba coa nostalxia dun fogar que non existía, un lugar no que non terminaba de encaixar.

Porén, esta condición de “intruso” brindoume a oportunidade de explorar e gozar de músicas e culturas fascinantes, alleas á miña propia tradición, achegando a miña propia voz, a miña experiencia multicultural.

Grazas á miña condición de “intruso”, descubrín que o mundo enteiro é o meu fogar. A miña casa está no meu corpo e na miña alma, un espazo infinito onde a identidade se transforma e a música se converte nunha linguaxe universal.

Entradas: 60,50 €

Hora

10 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)