REVISTA ABRIL

Apúntate ao Xogo do Calamar en Humor Amarillo Vigo

05novTodo o día07Apúntate ao Xogo do Calamar en Humor Amarillo VigoACTIVIDADES DEPORTIVAS | 22,00€(Todo o día)(GMT+01:00) Humor Amarillo Vigo

Detalles do eventos

O parque de actividades Humor Amarillo Vigo organiza para a vindeira semana unha competición especial inspirada na famosa serie coreana ‘El Juego del Calamar’, únicamente durante os días 5, 6 e 7 de novembro.

A competición consiste en ir superando probas e acumular puntos ata chegar á gran final, onde só pode quedar unha persona, que gañará un premio de 1000€. As probas están inspiradas na serie de Netflix: tirar da corda, canicas, o xogo da bolacha, escondite inglés no paintball, a ponte colgante e o xogo do calamar (mariola). A duración será dunha hora e media aproximadamente.

A competición é individual pero podes apuntarte co teu grupo de amigos e competir todos na mesma tanda. As reservas faranse a través do whatsapp no número 695 19 13 78, indicando o número de persoas, nome e hora á que queredes participar. O pago ten que facerse no momento da reserva.

A parte dos 1000€ do premio principal, haberá outros tantos coma pases grupais para Humor Amarillo, fútbol burbulla, paintball ou Escape Aventura.

Máis

Hora

novembro 5 (Venres) - 7 (Domingo)(GMT+01:00)

Localización

Humor Amarillo Vigo

Estrada do Monte Alba, 36315 Vigo, PO

Other Events