'(A)pegadas: transitar onte para camiñar hoxe'

13abr10:00'(A)pegadas: transitar onte para camiñar hoxe'10:00(GMT+02:00) Museo Liste

Detalles do eventos

‘(A)pegadas: transitar onte para camiñar hoxe’ é un proxecto expositivo colectivo no que unha escolma de artistas multidisciplinares dialoga co patrimonio etnográfico que configuran os fondos da colección do Museo Liste— Etnográfico de Vigo desde diversas técnicas, disciplinas e perspectivas. Un diálogo arredor da nosa cultura material e simbólica dende unha ollada contemporánea. Participan ao longo do ano: Diego del Río, Loreto Arnaz, Berta Pan, María Gar, Aida López, Abraham Alonso, Thomas Apostolou e Chiño Eirín.

Dende abril a novembro: un mes, un artista, un proxecto. Cada mes, un artista fará a montaxe final da súa obra en público e, sobre todo, disertará sobre aspectos do seu proceso creativo dende o momento en que descubre o museo ata a idea xeradora da obra nun diálogo entre antigüidade e modernidade.

Programa do trimestre:

– 13/04: intervención de Diego del Río coa obra “Ras al Hanout II” na Sala da Luz.
– 11/5: intervención de Loreto Arnaz coa obra “Omnia Videre“ na Sala Materialidade da fe.
– 15/6: intervención de Berta Pan coa obra “Luces de setembro” na Sala da Luz.

Comisaria: Alexandra R. Rey.

Máis

Hora

(Martes) 10:00(GMT+02:00)

Localización

Museo Liste

Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events