VIALIA
bannerPicnicSesions

(A)pegadas: María Gar presenta 'Tramas'

13xul11:00(A)pegadas: María Gar presenta 'Tramas'ARTE E MUSEOS | De balde11:00(GMT+02:00) Museo Liste

Detalles do eventos

‘(A)pegadas: transitar onte para camiñar hoxe’ é un proxecto expositivo colectivo no que unha escolma de artistas multidisciplinares dialoga co patrimonio etnográfico que configuran os fondos da colección do Museo Liste— Etnográfico de Vigo desde diversas técnicas, disciplinas e perspectivas. Un diálogo arredor da nosa cultura material e simbólica dende unha ollada contemporánea.

María Gar, presenta Tramas, que se une ás obras de Diego del Río, Loreto Arnaz e Berta Pan que xa se atopan expostas en distintas salas do Museo. Todas elas, van conformando, co seu devir devagariño, o proxecto “(A)pegadas” que contempla a instalación dunha obra de arte contemporáneo en perfecto diálogo cos contidos museísticos cunha periodicidade mensual ata fin de ano.

A peza configura un tapiz xerado a partir de estampación gráfica sobre papel de seda, fío e tecido de liño, materiais elixidos de forma consciente co fin de establecer un diálogo entre patrimonio natural, patrimonio inmaterial e o valor etnográfico da actividade téxtil.

Máis

Hora

(Martes) 11:00(GMT+02:00)

Localización

Museo Liste

Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events