
Detalles do eventos
O Museo Liste inaugura unha nova obra dentro do proxecto ‘(A)pegadas: Transitar onte para camiñar hoxe’, comisariado por Alexandra R. Rey. Nesta ocasión é
(A)pegadas: 'Des-habitáculo habitado' de Abraham Alonso
O Museo Liste inaugura unha nova obra dentro do proxecto ‘(A)pegadas: Transitar onte para camiñar hoxe’, comisariado por Alexandra R. Rey.
Nesta ocasión é o artista vigués Abraham Alonso quen presenta a súa obra ‘Des-habitáculo habitado’. Esta unirase aos demais artistas e obras que xa se atopan en distintas salas do Museo.
ABRAHAM ALONSO
Abraham Alonso (Vigo, 1993). Estudante de Belas Artes. A pintura e escultura son os seus medios naturais cos que transmitir información ao espectador. O humor cobra forza en gran parte das pezas, sendo este un gran piar sobre o cal o artista cimenta os seus proxectos.
A inauguración será o martes 19 de outubro ás 10:00. Entrada libre.
Máis

(Martes) 10:00
Museo Liste
Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra