CAMELIAS

(A)pegadas: Berta Pan presenta 'Luces de setembro'

15xuñ10:00(A)pegadas: Berta Pan presenta 'Luces de setembro'ARTE E MUSEOS | De balde10:00(GMT+02:00) Museo Liste

Detalles do eventos

‘(A)pegadas: transitar onte para camiñar hoxe’ é un proxecto expositivo colectivo no que unha escolma de artistas multidisciplinares dialoga co patrimonio etnográfico que configuran os fondos da colección do Museo Liste— Etnográfico de Vigo desde diversas técnicas, disciplinas e perspectivas. Un diálogo arredor da nosa cultura material e simbólica dende unha ollada contemporánea.

Cada mes, un artista fará a montaxe final da súa obra en público e, sobre todo, disertará sobre aspectos do seu proceso creativo dende o momento en que descubre o museo ata a idea xeradora da obra nun diálogo entre antigüidade e modernidade.

Berta Pan, presentará “Luces de setembro” na Sala da Luz. Estará acompañada da comisaria da exposición Alexandra R. Rey, creadora e coordinadora do proxecto e interlocutora entre as/os artistas e o museo.

Máis

Hora

15 xuño, 2021 10:00(GMT+02:00)

Localización

Museo Liste

Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events