febreiro, 2021

Este é un evento repetitivo

26feb20:00ANXOS ABANDONADOS EN MOSAICOS DESPOIS DO COMBATEESPECTÁCULOS | 8,00€20:00 Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Cun fondo claramente antibelicista e de defensa da beleza, a realización escénica xira ao redor dunha idea: a necesidade de que existan seres que coiden deste maltreito mundo. A peza recrea as figuras: anxo, pallaso e soldado. A primeira delas dende unha perspectiva alegórica da bondade, a segunda como xogo retórico e esperpéntico do propio teatro e a terceira como vítima da violencia exercida -mesmo cando non hai vontade real-.A obra ten un formato próximo ao circense na súa estrutura fragmentaria e na visibilidade do presente absoluto. A terra azul que tingue o espazo, unhas ás xigantes que se despregan, ou o material escultórico e audiovisual que percorre o tempo da representación, dan forma a unha peza que busca no ritmo e na música o seu mellor aliado.

Venres 26 ás 20:00
Sábado 27 ás 20:00

Máis

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X