
Detalles do eventos
Exposición dedicada a Antonio Palacios, un recoñecido arquitecto, un urbanista de referencia e un dos nomes que conformaron o panorama cultural galego de principios do S. XX, unha
Antonio Palacios. Soños de Modernidade
Exposición dedicada a Antonio Palacios, un recoñecido arquitecto, un urbanista de referencia e un dos nomes que conformaron o panorama cultural galego de principios do S. XX, unha figura imprescindible, un galego que nunca deixou de exercer como tal e que levou o nome de Galicia por gran parte da penínsulas a través de espazos icónicos coa súa personalidade inconfundible.
Na exposición poderanse coñecer os seus grandes proxectos realizados en Madrid pero tamén aqueles que deseñou expresamente para a súa terra, Galicia.
Entre as obras expostas poderanse ver maquetas, fotografías e planos dos seus proxectos, así como algúns obxectos deseñados por el mesmo. Tedes máis información e fotografías da exposición nesta reportaxe.
Horarios Exposición:
- De martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
- Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
Onde: Sala de exposicións temporais do 1º edificio do Museo do Mar de Galicia
Entrada libre
O Museo do Mar de Galicia organiza unhas visitas guiadas para o público xeral pola exposición temporal do seu museo ‘Antonio Palacios. Soños de modernidade. Compromiso con Galicia’, desde o 23 de novembro e durante o tempo que dure a exposición.
Horarios visitas guiadas:
- Martes e venres: ás 12:00 e 17:00
- Sábados e domingos: ás 12:30 e 18:30
Para un máximo de 20 participantes
Sempre con reserva previa no 986 247 750 ou info.museodomar@xunta.gal de martes a sábado de 11:00 a 14:00
Máis

Novembro 13 (Sábado) 12:00
Museo do Mar
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra