bannerVialia
bannerRevistaOnline

11dec12:00Antón retacoPEQUERRECHOS | Desde 8,00€12:00 Sala Ártika

Antón retaco

Antón Retaco é un espectáculo de teatro monicreques para sala con música en directo.

É unha adaptación do libro “Antón Retaco” de María Luisa Gefaell (Premio Nacional de Literatura 1952) cunha posta en escena para os rapaces de hoxe utilizando diversas técnicas de monicreques, máscaras e actor.

O relato conta a historia de Antón Retaco, un neno anano que pertence a unha compañía de artistas ambulantes. A troupe que percorre os camiños de Castela está formada pola anana Martita, nai de Antón, o seu pai o levantador de pesos Plácido, o cabalo Cascabillo, a mona Carantoñas e os cachorros sabios Can-Can e Tuso…

O espectáculo constitúe un canto á vida libre, ao teatro popular, ao valor das cousas sinxelas e á mirada limpa, poética e amable sobre as cousas.

Entrada Xeral: 10€

Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión  (ata 24 horas antes da primeira función)

Domingo 11 de decembro ás 12:00h e ás 18:00h

Máis

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X