maio, 2019

20mai(mai 20)11:0031(mai 31)20:00Antigo tranvía: "O 18 de Peniche"VISITA | De balde11:00 - 20:00 (31) Avenida Castelao

Máis

Detalles do evento

Tralo éxito acadado as visitas ao tranvía prolónganse unha semana máis. Estará aberto ata o venres 31 de maio. Este sábado e domingo o podemos visitar de 11.00 a 14.00. E de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

A partir de entón, permanecerá no mesmo lugar, aínda que coas portas seladas.

Os tranvías desapareceron das rúas da cidade o 31 de decembro de 1968, despois de décadas de servizo. 50 anos máis tarde, o Concello de Vigo e Vitrasa recuperan un vello vagón para render homenaxe ao medio de transporte dominante na maior cidade galega para que os maiores poidan rememorar os tempos mozos e os novos, coñecer a historia da cidade subindo por primeira vez a “O 18 de Peniche”. O vagón, de madeira e con capacidade para 25 persoas, está situado na Praza do Emigrante, na Avenida de Castelao, preto de onde estaba situada a antiga cocheira

 

Hora

20 (Luns) 11:00 - 31 (Venres) 20:00

Lugar

Avenida Castelao

Avenida Castelao

X