XERAIS

26abr19:30Antía MuíñoCONCERTOS | Desde 12,00 €19:30(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Absoluta revelación da nova canción galega, cun rexistro que se move entre o jazz-pop, a canción alternativa de autora e unha fonda querencia pola música tradicional galega. Antía Muíño actúa na Rebullón este domingo ás 19:30 horas por 12 euros en anticipada (15 € na billeteira) á venda online e na cantina do CSCD As Pedriñas.  

Antía Muíño está a sumar máis e máis público cunha proposta musical que recorda ás veces a Norah Jones, ás veces a Silvia Pérez Cruz, ás veces a Tracy Chapman, Maria Arnal, Diana Krall ou mesmo a Luz Casal. Ao longo da súa aínda curta traxectoria, Muíño actuou en festivais como o Jazzadia, Verano de la Villa, Os Xoves de Códax ou Sound Isidro, entre outros, e ten colaborado con artistas da categoría de Xabier Díaz, Baiuca ou Abe Rábade.  

Gañadora do Premio Martín Códax no 2022 como artista emerxente, foi embaixadora de Spotify EQUAL a finais dese mesmo e resultou nominada en dúas ocasións aos Premios MIN. A galega non deixa de crecer e agora, tras presentar o seu primeiro disco por España, Portugal, Marrocos, República Checa, atópase inmersa na presentación do seu segundo e agardado traballo“Anfibia por veces”, con paradas en media Galicia, Zamora, Madrid, Zaragoza, Cádiz ou Murcia, e tamén na Rebullón: este domingo 26, ás 19:30 horas. 

Entradas

Hora

26 abril, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events