ORQUESTRA CLÁSICA

19set21:30ANNA TRÉACONCERTOS | Desde 10,20 €21:30(GMT+02:00) La Pecera

Detalles do eventos

La Pecera organiza un concerto de Anna Tréa, multiartista, compositora e unha das instrumentistas máis respectadas da escena contemporánea brasileira. Coñecida pola súa guitarra percusiva —marca rexistrada na que fusiona guitarra, baixo e percusión nun só instrumento—, Anna tamén canta, baila, performa e declama, creando un espectáculo de identidade visceral. As súas cancións combinan retrousos potentes, harmonías marcantes e ritmos afrobrasileños entrelazados con influencias globais como o folk, maloya, candombe, funk e cantos ibéricos, dando como resultado un afropop contemporáneo vibrante.

Con millóns de escoitas en plataformas dixitais e unha base de fans en constante expansión, Anna Tréa prepara o lanzamento do seu próximo disco para principios do ano 2026, con composicións inéditas que xa forman parte do repertorio dos seus concertos. En 2023, alcanzou proxección internacional ao presentarse no showcase oficial de WOMEX, unha das feiras de música máis importantes do mundo, e ao participar como concursante en La Voz España, onde cativou ao público coa súa orixinalidade.

ENTRADAS AQUÍ.

Hora

19 setembro, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events