REVISTA ABRIL

Aniversario Vialia: Pablo Lesuit

01out19:00Aniversario Vialia: Pablo LesuitCONCERTOS | De balde19:00(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

Desde o 30 de setembro ao 2 de outubro, Vialia celebrará Vialia Fest para conmemorar o primeiro ano de vida do centro comercial. Na parte musical, o centro comercial ten prevista unha axenda de concertos onde os artistas locais DaniOrtigaEladio y los seres queridos e Pablo Lesuit ou Ultrafónicos serán os encargados de poñer a banda sonora.

A zona infantil terá formato verbena e iniciarase o sábado co show Para bailar, no que os máis pequenos gozarán de karaoke infantil, pasarrúas e inchables. Na zona Ludiland, os nenos e nenas que se acheguen a Vialia Vigo a celebrar o primeiro aniversario do centro comercial poderán participar na xincana Buscando o Tesouro de Vialio. O sábado, tamén na zona Ludiland, haberá gran festa de aniversario con maquillaxe e xogos musicais. O domingo será a quenda dos xogos populares: mímica, globoflexia e pintacaras.

Concertos:

Venres 30
19h – dani
21h – Ortiga

Sábado 1
19h – Pablo Lesuit
21h – Eladio y los seres queridos

Pablo Lesuit: Músico multi-instrumentista, cantante e compositor galego que destaca na nova escena da canción iberoamericana polo seu estilo persoal e independente. A música de Pablo non entende de fronteiras ou etiquetas; libre, viaxa por intensas paisaxes nos que a poesía das súas letras combínase con grandes doses de percusión, guitarras e samplers. Nos últimos anos colaborou en gravacións e concertos con artistas como Jorge Drexler Eladio y los Seres Queridos ou a arxentina Esmeralda Escalante de Aínda Dúo, e participou en grandes festivais de España e Latinoamérica.

Antes do concerto entrevistaremos a dani e a Ortiga ás 16:30 na FNAC nun evento aberto ao público.

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events