Mondo Club celebra o seu 15 aniversario con dous días de DJ internaciona

20mai23:59Mondo Club celebra o seu 15 aniversario con dous días de DJ internacionaCONCERTOS | -23:59(GMT+02:00) Mondo Club

Detalles do eventos

Mondo Club celebra en maio o seu 15 Aniversario con máis de 30 artistas invitados. Despois de 15 anos a sala viguesa celebra este aniversario tan redondo ao longo do mes de maio, cunha serie de eventos especiais polos que pasarán máis dunha trintena de artistas, entre DJ’ s residentes, convidados locais, de toda Galicia, Madrid, e varios artistas internacionais inéditos no norte de España.

Mondo Club abandera os sons de club contemporáneos que transcenden xéneros e etiquetas, rastrexando o talento emerxente e as propostas arriscadas e menos acomodadas do cada vez máis cambiante panorama da música de club. Seguindo esta dinámica preparaeron tres xornadas de concertos e festas, dúas delas celébranse esta fin de semana de 1 a 6 da mañá:

Venres 20: nova FLUX, a número #8, coa visita do surafricano DJ Lag, heroe do son gqom, un estilo cru e repetitivo repleto de baixos profundos. Xunto a el, estarán Saya, investigadora musical e artista multigénero santiaguesa de orixe palestina, e os misteriosos residentes X- FLU. Entradas aquí.

Sábado 21 chegará a quenda do artista inglés Call Super, un dos nomes máis destacados da electrónica contemporánea europea. A súa meticulosa aproximación á composición musical identifícao como un dos nomes recentes máis orixinais e persoais da nova fornada de músicos e DJ’ s que dominan os clubs e festivais menos conservadores, grazas tamén á intensidade hipnótica das súas DJ sets. Xunto a el, os tres residentes da sala SUB de Mondo: Malaguita, FonKid e Viktor Flores.

Máis

Hora

(Venres) 23:59(GMT+02:00)

Localización

Mondo Club

Rúa de Joaquín Loriga, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events