Detalles do eventos
Caixa de Ritmos celebra o seu primeiro aniversario cunha noite chea de bo ambiente, baile, música en directo e sorpresas, na Sala Kominsky. Os beneficios
Detalles do eventos
Caixa de Ritmos celebra o seu primeiro aniversario cunha noite chea de bo ambiente, baile, música en directo e sorpresas, na Sala Kominsky. Os beneficios recadados irán destinados ó peto solidario, que servirá para cubrir cinco bolsas de estudos durante o primeiro trimestre de clases.
Sobre Caixa de Ritmos
Hai doce anos que Elena e Jorge empezaron a dar clases de swing baixo o nome Swing On. Hai un ano, cun alumnado asentado e en crecemento, apostaron por abrir a escola de danza Caixa de Ritmos,onde atopamos, ademais dos cursos de Lindy hop e jazz para todos os niveis polos que xa son coñecidos, outros tipos de danzas: afro, contemporánea, dancehall, hip hop, house etc. Difícil atopar unha localización mellor: no céntrico (pero tranquilo) Calexón dos Canos, a escasos metros do Teatro García Barbón.
Os sinais de identidade do espazo son o interese e o respecto pola historia dos bailes que ensaian, moitos deles de orixe afroamericana. Ademais da práctica física, as docentes fan fincapé no coñecemento e na apreciación da cultura e os movementos sociais nos que se orixinou cada baile. Do mesmo xeito que veñen facendo con Swing On, Elena e Jorge organizan eventos de baile, música e cultura , tanto no propio local como na rúa.
Canellón dos Canos, 9 | caixaderitmos.com | @caixaderitmos_vigo
Hora
27 setembro, 2025 21:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Kominsky
Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




