ORQUESTRA CLÁSICA

10abr21:30Ángel Stanichconcertos | 24,00 €21:30(GMT+02:00) Mondo Club

Detalles do eventos

Ángel Stanich decidiu volver aos escenarios para presentar o seu cuarto disco cunha xira titulada “Gira (Aún) Sin Nombre”, coa que estará en directo na cidade de Vigo o día 10 de abril na sala Mondo Club. O músico santanderino é un dos nomes máis singulares e escorregadizos da música alternativa española, e o seu regreso prodúcese tras unha etapa en silencio: anunciou unha nova xira nacional que supón a súa volta aos escenarios logo dun longo período de inactividade, con máis de vinte datas confirmadas por todo o país.

Fiel á súa maneira de entender a música e a exposición pública, Stanich non deu demasiadas pistas sobre o disco nin sobre o que cabe agardar desta nova xira. A súa carreira sempre estivo marcada por letras afiadas, imaxes que rozan o absurdo e un ton entre o irónico e o confesional que consolidou o seu status de artista de culto.

Cando: 10 de abril de 2026 ás 21:30 h
Onde: Mondo Club, Vigo
MERCAR ENTRADAS

Hora

10 abril, 2026 21:30(GMT+02:00)

Localización

Mondo Club

Rúa de Joaquín Loriga, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events