09out20:00Andrés GaosCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O xoves 9 de outubro, ás 20 horas, no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, celebrarase o Acto de Apertura do Curso Académico 2025/2026.

O acto estará protagonizado polos Dúos para dous violíns de José Castell (ed. ca. 1774). A intervención musical correrá a cargo de Pavel Amilcar Ayala e Mario Peris, que interpretarán os dúos utilizando violíns que pertencéron a Andrés Gaos.

O CSM de Vigo e o Grupo Organistrum (Universidade de Santiago de Compostela) colaboran na gravación dos seis dúos de Castell nunha sala do século XVIII con iconografía musical, situada no antigo pazo dos Barbosa Maciel (Viana do Castelo, Portugal).

Os violíns de Andrés Gaos volverán soar en Vigo interpretando música do século XVIII.

Hora

9 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events