
Andhrea & the Black Cats
30out20:0022:00Andhrea & the Black CatsCONCERTOS | 8,00€20:00 - 22:00
Detalles do eventos
Dous pases: 20:00 e 22:00 Andhrea & the Black Cats é unha banda de blues clásico formada en Santiago de Compostela e desde a súa
Detalles do eventos
Dous pases: 20:00 e 22:00
Andhrea & the Black Cats é unha banda de blues clásico formada en Santiago de Compostela e desde a súa creación veñen interpretando temas do blues máis tradicional aderezados co seu estilo particular. Soarán temas de sempre, e algún que outro máis novo, pero sen dúbida sorprenderannos con esta nova formación que nos evocará á vella Nova Orleans.
A banda está composta por Ramón Figueira “Figui” (harmónicas), Andhrea Verdú (voz), Benjamín Vázquez (guitarra), Aitor García (Percusión) e Lolo Martínez (Tuba).
O repertorio de Andhrea & the Black Cats supón un percorrido na historia do blues, unha viaxe no que se traslada ao público a outra época a través das historias narradas no seu momento polos autores máis clásicos e cuxo transfondo, na maioría dos casos, segue estando de actualidade hoxe en día.
Máis
Hora
(Sábado) 20:00 - 22:00
Localización
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra