Detalles do eventos
A iniciativa Camiños de Hospitalidade regresa a Vigo cunha xornada de convivencia, solidariedade e reflexión arredor da realidade das persoas migrantes e refuxiadas. A actividade, organizada no marco
Detalles do eventos
A iniciativa Camiños de Hospitalidade regresa a Vigo cunha xornada de convivencia, solidariedade e reflexión arredor da realidade das persoas migrantes e refuxiadas. A actividade, organizada no marco do 20J, Día Mundial das Persoas Refuxiadas, arrancará no Colexio Apóstol Santiago – Jesuitas Vigo e desenvolverase ata media tarde.
A proposta consistirá nun percorrido de arredor de tres quilómetros pola Vía Verde ata o parque da Riouxa, en Teis, onde a programación continuará cunha comida intercultural compartida, xogos e distintas actividades de convivencia abertas á cidadanía. Baixo o lema “A hospitalidade abre a porta á paz”, a edición deste ano busca promover unha mirada máis humana e solidaria nun contexto marcado polos desprazamentos forzados, os conflitos e os discursos de odio. A organización recomenda acudir con roupa cómoda, gorra, auga e algo de comida para compartir.
As inscricións permanecerán abertas ata o venres 19 de xuño ás 12:00 horas.
Hora
20 xuño, 2026 11:00(GMT+02:00)
Localización
Colegio Apóstolo Santiago
Rúa de Sanjurjo Badía, 79, 36207 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


