xuño, 2019

09xuñ10:30Andaina musical en memoria de Juan "de Freixo"ROTEIRO | De balde10:30 Torreiro de festas de San Xoán

Máis

Detalles do evento

O domingo 9 de xuño terá lugar unha andaina musical, en lembranza do veciño Juan ‘de Freixo’.

A actividade consta dun roteiro circular de 3 kilómetros, apto para maiores e nenos (sen carriño), que percorrerá os carreiros de Freixo, en Valadares. Durante o roteiro realizaranse paradas musicais, nas que os partecipantes interpretarán cantigas do repertorio popular da zona.

Tras a andaina, terá lugar un xantar popular, ao carón do muíño vello. Os asistentes deben levar cadansúa comida. Tras o xantar, abrirase unha sobremesa cantareira.

Para máis información, p´dese contactar con César no teléfono 653 025 708

Hora

(Domingo) 10:30

Lugar

Torreiro de festas de San Xoán

Torreiro de festas de San Xoán

X