novembro, 2019

13nov12:00ANDAINA 'DÍA MUNDIAL DAS CIDADES'ACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde12:00 Farola de Urzáiz

Máis

Detalles do evento

A camiñada percorrerá este mércores os lugares máis representativos de ambas cidades e estará conducida por unha ou un guía que explicará a súa historia e evolución

Á actividade, que fora suspendida o pasado día 30 por mor das condicións climatolóxicas, está aberta á cidadanía en xeral e xa se apuntaron trescentas persoas.

A andaina comezará ás 12 horas e en ambas cidades terá un percorrido circular. Xa está confirmada a asistencia de máis de trescentas persoas, entre os que se inclúen cidadáns e cidadás pertencentes a diversos colectivos sociais e alumnado de centros educativos, aínda que o evento está aberto para que se sume a cidadanía en xeral. A camiñada en Pontevedra e Vigo realizarana acompañados por unha ou un guía que dará a coñecer os lugares máis representativos de ambas cidades, así como a súa historia e a evolución que experimentaron.

Así, no caso de Vigo o percorrido comezará na confluencia de Urzáiz e Príncipe e percorrerá esta última rúa, a Porta do Sol, a praza da Princesa, da Constitución, a rúa dos Cesteiros, a praza de Almeida, a praza da Pedra, a rúa Real e a praza da Igrexa. Está prevista a asistencia dos deputados provinciais Carlos Font, Ana Laura Iglesias e Gorka Gómez.

Hora

(Mércores) 12:00

Lugar

Farola de Urzáiz

Rúa de Urzáiz, 36201 Vigo, Pontevedra

X