REVISTA NADAL

14dec12:00'ANATOMÍA DUNHA SEREA' de Iria PinheiroESPECTÁCULOS | De balde12:00(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

Unha peza de teatro documental na que Iria Pinheiro comparte en primeira persoa a súa experiencia como muller, nai e vítima de violencia obstétrica. Un traballo autobiográfico e necesario que combina memoria, escena e testemuño real.

Esta será a última función de ‘Anatomía dunha serea’ após oito anos de traxectoria.

Iria Pinheiro é actriz e psicopedagoga, con traxectoria no audiovisual, nas artes escénicas e na creación de poesía escénica. Con Anatomía dunha Serea recibiu dous Premios María Casares 2019 e o Premio Maruxa Villanueva. Entre os seus proxectos máis recentes destacan Miss Docet, Vitória e o filme Prefiro Condenarme de Margarita Ledo.

Hora

14 decembro, 2025 12:00(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events