>

20xul20:30`Anatomía de un sueño´CONCERTOS | 16,00 €20:30(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

O pianista e compositor ferolán Martín Otero presenta en Vitruvia o seu álbum de estrea, Anatomía de un sueño. Formado en piano clásico e graduado con matrícula de honra en interpretación e composición jazzística, o mozo creador desenvolve actualmente a súa actividade en Basilea. O disco reúne sete composicións orixinais articuladas arredor do concepto do soño, onde o previsíbel e o inesperado atopan un equilibrio a través da interpretación e da improvisación colectiva.

Para este proxecto, Otero lidera un quinteto internacional con músicos procedentes de España, Australia e Italia, todos eles vinculados ao Jazzcampus de Basilea. A formación complétase con Álvaro Ocón á trompeta, Javier Rojo ao saxo tenor, Alistair Peel ao contrabaixo e Fabrizio Doberti á batería. Unha oportunidade única para descubrir a unha das promesas máis firmes do jazz galego contemporáneo.

Hora

20 xullo, 2026 20:30(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events