12xul22:00Ana BelénCONCERTOS | 10,00 €22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos
Detalles do eventos
O concerto de Ana Belén do 12 de xullo inaugura a programación de Vigo en Festas en Castrelos. As 2200 entradas para acudir ao concerto na platea poñeranse
Detalles do eventos
O concerto de Ana Belén do 12 de xullo inaugura a programación de Vigo en Festas en Castrelos. As 2200 entradas para acudir ao concerto na platea poñeranse á venda o martes 8 de xullo a un prezo de 10 euros cada unha. O sistema de compra será o mesmo que o ano pasado: haberá opción presencial en Castrelos e tamén en liña, tanto en horario de mañá como de tarde (de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas). Cada persoa pode mercar un máximo de catro entradas. É preciso levar o DNI tanto propio como unha copia do documento das outras persoas que van acudir ao concerto, xa que as entradas son nominais e intransferibles.
A madrileña Ana Belén foi a quinta confirmación do Vigo en Festas deste ano, e actuará o sábado 12 de xullo no auditorio vigués.
Pasaron xa seis anos desde Vida, o último circuíto oficial de Ana Belén. E iso, para unha artista que leva case toda a súa vida sobre os escenarios, é demasiado tempo. Ana Belén presenta MÁS D ANA, unha xira para 2025 onde repasará os grandes éxitos do seu repertorio e estreará algún tema de último traballo, acompañada dunha banda de músicos de luxo dirixida por David San José.
Ana Belén, cuxo nome real é María del Pilar Custa Acosta, é unha figura icónica da música e o cinema español. Nacida o 27 de maio de 1951 en Madrid, a súa carreira abarca máis de seis décadas, durante as cales deixou unha pegada indeleble na cultura española. Creceu no barrio de Lavapiés, nunha familia humilde, e desde moi nova mostrou inclinacións artísticas, participando en programas de radio e estudos de solfexo. O seu debut cinematográfico foi aos 12 anos na película Zampo y yo. Destacou como cantante, actriz e directora, participando en numerosas películas, obras de teatro e programas de televisión. A súa discografía inclúe máis de 35 álbums, con cancións que se converteron en clásicos da música española. Traballou con importantes directores de cinema e teatro, e compartiu escenario con recoñecidos músicos. Está casada co cantautor Víctor Manuel desde 1972, quen visitou Castrelos o pasado ano e co cal compartiu escenario multitude de veces. Recibiu numerosos premios ao longo da súa carreira, incluíndo o Premio Goya de Honra e o Premio Ondas de Honra. É considerada unha das artistas máis influíntes de España. Ana Belén é unha artista versátil e comprometida, cuxa obra reflicte a súa sensibilidade e o seu compromiso coa cultura e a sociedade.
Calendario de concertos:
12 de xullo – Ana Belén – 10 €
16 de xullo – Infantil: ¿De qué color es un beso? -Gratis
17 de xullo – Gente de Zona – 10 €
18 de xullo – Trueno – 12 €
21 de xullo – The Black Keys – 15 €
24 de xullo – Rozalén – 10 €
26 de xullo – Coral Casablanca – Gratis
31 de xullo – Vanesa Martín – 10 €
1 de agosto – Ópera La Traviata – Gratis
3 de agosto – Jason Derulo – 15 €
9 de agosto – Ópera Turandot – Gratis
12 de agosto – Infantil: La Bella y la Bestia – Gratis
15 de agosto – UB40 ft. Ali Campbell – 12 €
16 de agosto – India Martínez -10 €
Hora
12 xullo, 2025 22:00(GMT+02:00)

