BIBOPALULA

27xuñ(xuñ 27)11:00AmoSárte FestARTE E MUSEOS | Varios prezos11:00(GMT+02:00) Centro ArteSá

Detalles do eventos

O Centro ArteSá vai realizar un evento artístico, durante o venres 27 e o sábado 28.

Acollerase un mercado de arte, onde 10 artistas terán postos para vender a súa obra, convertendo o centro nun punto de venda artístico para o público vigués. Esta dinámica vén organizada e ideada por MonkeArte, iniciativa que xorde de estudantes de belas artes que pretenden promover o consumo local, sostible e dar visibilidade aos artistas da zona.

Ademais dos postos, realizaranse charlas e obradoiros durante a xornada do venres 27 que serán anunciados proximamente na súa programación.

O sábado 28 de xuño realizarase de 11:00 a 14:00h un taller colaborativo chamado “Ao choio!”, que trata de explicar aos máis pequenos a forma de utilizar as mans na arte que tiñan na época prehistórica e replicarlo na vida actual. Para este taller contaremos coa participación e colaboración de Ana Vizcaíno, historiadora da arte especializada en mediación cultural e educación en museos. O prezo será de 25€ e inclúe materiais e xantar.

A apertura será de 11:00 a 21:00. E como os máis pequenos tamén son benvidos, Tamén, faranse certas actividades, como a colaxe, para seguir aprendendo sobre a Historia da arte da forma máis dinámica e divertida.

Haberá que reservar praza tanto por correo (artesacentrodearte@gmail.com) como polas redes sociais
(@centroartesa) ou por teléfono (643617295).

Máis

Hora

27 xuño, 2025 11:00(GMT+02:00)

Localización

Centro ArteSá

Rúa/ Pi y Margall 49, Vigo

Other Events