CASTRELOS 25

22ago21:00AMORODOFESTIVAIS E FEIRAS | De balde21:00(GMT+02:00) Villa Solita

Detalles do eventos

Nos meses de xullo e agosto, regresa Curiosidades Solita, un proxecto cultural onde a música é a protagonista, que se desenvolve todos os venres ás 21:00 h. Esta proposta ten lugar en Villa Solita, nun enclave rehabilitado polo Concello de Vigo para recuperar unha parte do patrimonio e historia da cidade, convertíndoo nun espazo de encontro de actividades culturais e artísticas.

A programación da VI edición caracterízase, na mesma liña de anos anteriores, pola intervención de grupos novos ou artistas con referencias musicais pouco comúns e/ou diferenciadoras. Mestura música urbana, a través do rap e hip-hop, con metal, soul, funk e cancións de autor máis íntimas.

O obxectivo é mostrarlle ao público un grupo de artistas de diferentes xeracións e estilos, pero que teñen no seu ADN unha proposta musical que reflicte as súas experiencias e inquedanzas.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

  • 4 de xullo | IGMIG

IGMIG é unha desas bandas que non se explican, experiméntanse. Un trío vigués que leva tempo arrasando en salas de todo o país, pendurando o cartel de sold out con cada aparición.

  • 11 de xullo | LAW

LAW é unha artista multidisciplinar do barrio de Coia. As súas composicións xuntan influencias do R&B, reggae, hip-hop e psytrance.

  • 18 de xullo | Salty Pepper

Salty Pepper, nado en Vigo dunha fusión cultural e musical, leva ao público de viaxe polos clásicos desde a década dos setenta ata a actualidade.

  • 25 de xullo | Arson Tides

Arson Tides é unha banda de metalcore depresivo e progresivo que naceu nas beiras da Ría de Vigo, cun enfoque fresco e técnico, melodías complexas e riffs contundentes e crús.

  • 1 de agosto | Nadie González

Nadie González, rapeira, ás veces produtora, e case sempre autodidacta. Esta viguesa de Candeán comezou a súa andaina no mundo da música e o hip hop en 2018, acompañada de lu.ko.ala como DJ e con nahgga nos coros, en 2021.

  • 8 de agosto | Cochambre

Cochambre é un cuarteto de death metal orixinario da cidade de Vigo. Xorden en 2004, pero non é ata 2012 que deciden ir en serio co proxecto.

  • 15 de agosto | Sofía Espiñeira

Sofía Espiñeira canta e compón desde a raíz. Artesá de cancións e artista multidisciplinar, as súas composicións combinan o latexo das músicas do mundo xunto coa canción de autora máis íntima e espida.

  • 22 de agosto | Amorodo

Amorodo fai hip-hop en galego dende 2018, mesturando rap noventeiro, reggaetón e trap cun estilo propio e letras xeracionais.

Máis

Hora

22 agosto, 2025 21:00(GMT+02:00)

Localización

Villa Solita

Camiño Freixeiro, 14, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events