09mai21:00‘Amoriños’ESPECTÁCULOS | DESDE 16,74 € 21:00(GMT+02:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
Amoriños, o espectáculo creado e interpretado por Xosé A. Touriñán e David Perdomo, regresa aos escenarios cunha nova xira de primavera que percorrerá Galicia entre marzo e xuño
Detalles do eventos
Amoriños, o espectáculo creado e interpretado por Xosé A. Touriñán e David Perdomo, regresa aos escenarios cunha nova xira de primavera que percorrerá Galicia entre marzo e xuño tras unha primeira xira marcada pola resposta do público e auditorios cheos. O espectáculo consolídase como unha das propostas escénicas máis destacadas da tempada, mantendo a súa combinación de citas absurdas, paixóns imposibles e encontros inesperados nun ‘First Dates’ á galega, onde o humor salvaxe, a improvisación constante e a carga emocional sorprendente fan de cada función unha experiencia única na que o público participa activamente.
A xira pasará por Vilagarcía (14 de marzo), Santiago (15 de marzo), Ponteareas (10 de abril), Lugo (18 de abril), Vilalba (1 de maio), Cee (8 de maio), Vigo (9 de maio), Narón (16 de maio), Ourense (22 de maio), Pontevedra (30 de maio) e A Coruña (6 de xuño). Con textos e dirección de Touriñán e Perdomo, o espectáculo conta co asesoramento de dirección de Noemí Rodríguez e coa dirección de produción de Laura Canto, xunto co equipo técnico habitual das producións de Ainé, sostendo unha proposta viva construído función a función na que a complicidade entre intérpretes e público é clave.
Hora
9 maio, 2026 21:00(GMT+02:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra

