CANS

10mai18:00'Amoriños'ESPECTÁCULOS | DESDE 16,74 € 18:00(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Amoriños, o espectáculo creado e interpretado por Xosé A. Touriñán e David Perdomo, regresa aos escenarios cunha nova xira de primavera que percorrerá Galicia entre marzo e xuño tras unha primeira xira marcada pola resposta do público e auditorios cheos.
O espectáculo consolídase como unha das propostas escénicas máis destacadas da tempada, mantendo a súa combinación de citas absurdas, paixóns imposibles e encontros inesperados nun First Dates á galega, onde o humor salvaxe, a improvisación constante e a carga emocional sorprendente fan de cada función unha experiencia única na que o público participa activamente.

A xira pasará por:

  • Vilagarcía (14 de marzo)
  • Santiago (15 de marzo)
  • Ponteareas (10 de abril)
  • Lugo (18 de abril)
  • Vilalba (1 de maio)
  • Cee (8 de maio)
  • Vigo (9 e 10 de maio)
  • Narón (16 de maio)
  • Ourense (22 de maio)
  • Pontevedra (30 de maio)
  • A Coruña (6 de xuño)

Con textos e dirección de Touriñán e Perdomo, o espectáculo conta co asesoramento de dirección de Noemí Rodríguez e coa dirección de produción de Laura Canto, xunto co equipo técnico habitual das producións de Ainé, sostendo unha proposta viva construído función a función na que a complicidade entre intérpretes e público é clave.

Sesións en Vigo:
Sábado 9 ás 18:30 e ás 21:00 h
Domingo 10 ás 18:00 h

Entradas

Hora

10 maio, 2026 18:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events