VIALIA
bannerPicnicSesions

AMEAZAS NA REDE

18nov19:30AMEAZAS NA REDEACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

No Edificio Mar de Vigo. No salón de actos da planta 4ª (entrada pola porta da UNED, Avda. de Beiramar, 57)

Dirixido por: Kike Fontán e Cristina Rodríguez

1. Nós e as novas tecnoloxías: dependencia?
2. As redes sociais: as nosas publicacións
3. Boas prácticas na rede
4. Como detectar posibles ameazas
5. As ciberviolencias desde a perspectiva de xénero. Identificación e rexeitamento
–    Marcos normativo e conceptual
–    A violencia sexual nas redes. Tipos
–    Impacto das ciberviolencias machistas
–    Que facer en caso de sufrir ciberviolencia machista?

Falaremos un pouco das novas tecnoloxías e como vivimos dependendo delas até mesmo chegar ao punto de modificar o noso comportamento.
Ilustrámolo con algún xogo de psicoloxía.

Pensamos o que publicamos nas redes sociais?.
Ilustrámolo cun xogo sobre identidades e persoas falsas, para vermos que é moi fácil que nos enganen.

A importancia de aplicarmos “as boas prácticas na rede”
Hackear… non é tan difícil. Comprobamos se fomos algunha vez hackeados/as.

Como detectar posibles estafas modernas.
Ilustrámolo cun xogo no móbil (ou computador, se teñen) para comprobar as habilidades.

Ciberviolencia dende a perspectiva de xénero. Identificación e rexeitamento. Como actuar ante as ciberviolencias machistas?.

Máis