24abr19:30AMATOMÍA. Volumen 1: disección poéticaESPECTÁCULOS | De balde19:30(GMT+02:00) A Morada
Detalles do eventos
Violeta Violen presenta un espectáculo de artes escénicas que entrelaza poesía, teatro, música en directo e proxeccións audiovisuais. En escena, a autora abre os seus
Detalles do eventos
Violeta Violen presenta un espectáculo de artes escénicas que entrelaza poesía, teatro, música en directo e proxeccións audiovisuais.
En escena, a autora abre os seus textos a través de distintos elementos escénicos, mentres M. A. Barreira constrúe en directo unha paisaxe sonora que sostén e envolve a peza. Amatomía móvese entre o íntimo e o colectivo, como un corpo que sente, lembra e se expón, atravesando emocións das que poucas veces se fala. É unha viaxe profundamente persoal que, ao compartirse, convértese en espello e resonancia para quen a atravesa
Violeta Violen (A Pobra do Caramiñal, 1985) é unha artista multidisciplinar, poeta, actriz e activista corporal e cuir. Concibe a poesía como unha arte en constante movemento e fai da escena un espazo onde palabra, corpo, humor e emoción dialogan. Moi ligada á comedia, entende o humor como unha ferramenta de defensa e unha maneira de nomear aquilo que ás veces non se di.
Hora
24 abril, 2026 19:30(GMT+02:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra


