Alvariño Concueiro
27out19:00Alvariño ConcueiroESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+01:00) Centro Cultural de Beade
Detalles do eventos
O Grupo de teatro “Tarantela” celebra o seu 25 aniversario enriba das táboas estreando este domingo 27 de outubro ás 19:00h. no auditorio do Centro
Detalles do eventos
O Grupo de teatro “Tarantela” celebra o seu 25 aniversario enriba das táboas estreando este domingo 27 de outubro ás 19:00h. no auditorio do Centro Cultural de Beade, a súa nova comedia titulada “Alvariño Concueiro”, peza teatral na que levan traballando dende comezos de ano.
Sinopse:
Nun hospital un pouco peculiar, as colas amontónanse de maneira singular.
Queres vir votar unhas risas coas situación arrevesadas dos nosos pacientes?
Esperámoste nas colas do Alvariño Concueiro!
Historia do grupo:
Tarantela nace en 1999, formado maioritariamente por mulleres da parroquia ás que une o seu amor pola arte e a interpretación.
A primeira obra representada por este grupo foi Mórdeme, baixo a dirección dun membro do grupo, o 17 de xuño do 2000 no auditorio do CSCR de Beade.
Ao longo dos anos, o grupo tamén representou obras como O complexo, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, A tía lambida, Os vellos non deben namorarse, Vostede ten ollos de muller fatal, O pasado e o presente, O cadáver do Señor García, adaptadas e dirixidas por Eva Vila.
No 2013 estrearon O achado do Castro baixo a dirección de Mónica Costas.
Xa con Rocío Salgado de directora, o grupo representou Un cadáver ás dez, A terapia do Doutor Menguele, Retais teatrais en épocas virais, O Milagre de Santa María Juana e, coincidindo co seu 25 aniversario, Alvariño Concueiro.
Máis
Hora
27 outubro, 2024 19:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes