OV430

05dec18:30Altares da cidadeACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O venres 5 de decembro, ás 18:30 horas, inaugúrase Altares da Cidade, un proxecto que crea pequenos espazos de pausa e sentido no corazón do inverno. Évame Oroza acolle un deses altares colectivos, no que podes deixar unha palabra, un poema, un pequeno obxecto (podes acompañalo dunha nota explicando que representa)… Algo que queiras soltar. Algo que queiras invocar.

Vigo acendido

Esta actividade forma parte do proxectoVigo acendido, levado adiante en diferentes espazos culturais, librarías, asociacións e cafés da cidade, co obxectivo de recuperar o sentido simbólico e comunitario do inverno. Lonxe do ruído, do consumo e da espectacularización do espazo público, esta iniciativa invita a crear pequenos lugares de recollemento e conexión.

Así naceu Vigo acendido: unha rede de altares colectivos espallados pola cidade, espazos de pausa, silencio e xesto compartido. En cada altar poderás deixar unha palabra, unha flor seca, un pequeno obxecto ou un desexo para o novo ciclo que vai das sombras cara a luz. Comeza así unha conversa sen palabras entre as xentes da cidade.

Hora

5 decembro, 2025 18:30(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events