REVISTA ABRIL

26abr20:30ALLO NEGRO + BLUE MONDAYSCONCERTOS | Desde 12,00 €20:30(GMT+02:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

Debido á demanda do público, Allo Negro regresan a Vigo.

Este septeto, formado por Isa (voz), Ernesto (guitarra), Javi (guitarra), Jorge (baixo), Ramón (batería), Glen (saxo) e Pablo (trompeta) xurdiu «de forma natural», segundo explican, cando os membros de Mulberry Blues decidiron comezar a compoñer temas propios en galego. Todos eles atesouran unha dilatada experiencia en proxectos anteriores. O seu guitarrista solista, Ernesto de Gregorio, liderou The Shoubiñas Experience, grupo vigués de blues e rock que hai unha década gravou con Philip R. Newell, produtor e enxeñeiro acústico que traballou con Led Zeppelin, Queen, Mike Oldfield, The Who e Pink Floyd, entre outros.

Os acompañantes da noite serán os BLUE MONDAY, que ofrecerá os mellores ritmos de blues, swing e soul clásico. A banda está integrada por Irra Chouza (guitarra), Txelu Barreira (contrabaixo) e Walter Pelayo (batería), músicos habituais da escena viguesa que ademais forman parte noutros recoñecidos proxectos en activo (La Chata Soul, Layuca, ou El Cuarto De Tula Homenaje a Buena Vista Social Club, entre outros…). Como guinda a este cuarteto contarán con Laura Taka á voz (Mitic El Espectáculo, Samba De Batea ou Cherry Sweet).

ENTRADAS AQUÍ

Máis

Hora

26 abril, 2025 20:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events